Complexo Deportivo Municipal Pastoriza - Meicende

Con motivo do remate da tempada estival, e tendo en conta o inicio dun novo curso escolar, dende o Complexo Deportivo Municipal Pastoriza Meicende programamos unha mañá lúdico-recreativa dirixida a todos os/as menores abonados/as nas nosas instalacións e que queiran desfrutar dun final divertido e refrescante das as súas vacacións.

O venres 8 de setembro de 2023 acondicionaremos a nosa entrada principal, coa instalación dun inchable acuático, que estará en funcionamento durante dous horarios de atención ao público asistente:

• De 11:30 a 12:30 horas.

• De 12:30 a 13:30 horas

Todos os menores participantes recibirán unha camiseta de agasallo (ata finalizar existencias). Para participar e concretar a súa asistencia nos horarios de referencia, pode consultarse en recepción ou no teléfono 981-798-147. Agardámosvos!!!

.- Anotación: A organización reservarase a cancelación da actividade por causas de condicións meteorolóxicas adversas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *